Tres establecementos hostaleiros de Trabada acollen cantos de taberna este venres, 2 de febreiro

Tres establecementos hostaleiros do municipio de Trabada acollerán cantos de taberna este venres, 2 de febreiro, de 20:00 a 23:00 horas. É unha actividade organizada polo Concello.

No Mesón Camiño Norte actuará o grupo En faldas y a lo loco, no Bar O Porfirio estará Mon & Cia e na Taberna da Curuxeira cantará A Chocolateira.