Eventos

Etiquetas:
27/01/2024

Desde o vindeiro luns, 29 de xaneiro, poranse á venda as entradas para presenciar o desfile desde a bancada instalada no porto. Será de 9 a 14 horas no Cenima ata o 9 de febreiro. En caso de non esgotarse o día do desfile, o 10 de febreiro, venderanse na caseta do recinto desde as 12 da mañá ata o inicio do desfile.

O prezo para as persoas maiores de 12 anos será de 5 euros. E os menores desa idade poderán acceder gratis.

26/01/2024

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza actividades para celebrar o Entroido os días 11, 13 e 16 de febreiro.

O domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas haberá desfile de disfraces polas rúas de Ferreira, pasando pola praza e a ponte, ata o Pavillón Polideportivo Municipal, onde haberá festa amenizada polo dúo Belinda. A inscrición pode facerse ata o venres 9 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ou no local social do parque Concepción Arenal o 11 de febreiro desde as 15:00 ata as 16:30 horas.

O martes 13 de febreiro a partir das 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal terá lugar o Entroido Infantil, con festa de disfraces e xogos, inchables, obradoiros e outras actividades.

E o venres 16 de febreiro a partir das 20:00 horas celebrarase o Enterro...

leer más
Etiquetas:
25/01/2024

No CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.

Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.

 

Etiquetas:
25/01/2024

As actividades programadas para o mes de febreiro arrincarán o día 3 coa V Feira de Razas Autóctonas no aparcadoiro municipal situado a carón da piscina. Será desde as 10 da mañá. Esta xornada haberá concurso morfolóxico oficial Cabalo de Pura Raza Galego, pasacalle a cargo da A.C. Amado Lar O Valadouro, demostración de doma de alta escola co traballo pé a terra da Asociación Pura Raza de Cabalo Galego, sesión vermú con Brétema Band, segunda carreira de Cabalo Marchador Galego e degustación de carne poldro nos locais hostaleiros.

As persoas interesadas en participar no concurso para optar a premio teñen ata 31 de xaneiro ás 20:00 horas para inscribirse. 

Para o 10 de febreiro ás 12:00 do mediodía está programada unha conferencia sobre ordenación de granxas bovinas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do...

leer más
Etiquetas:
24/01/2024

Acisa está presente desde hoxe en Fitur 2024 xunto ao Concello, conformando a delegación ribadense nesta importante Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “participaremos en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello de Ribadeo no ámbito do turismo co que asistimos conxuntamente a esta feira, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano, poñendo en valor tamén as campañas e marcas turísticas de Acisa, que complementan as do Concello de Ribadeo”.

Pérez Prada indica que “desde Acisa traballamos diariamente para fidelizar ás persoas que veñen...

leer más
Etiquetas:
24/01/2024

O Concello de Burela participa este ano en Fitur para promocionar os atractivos da vila como destino turístico de natureza e para as familias.

A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participarán en varias actividades e manterán reunións cos touroperadores presentes en Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.

“Desde a pandemia, cada vez hai un maior interese polos destinos como Burela, onde ofrecemos natureza, gastronomía e desconexión para toda a familia”, asegura Carmela López.

Ademais, Burela participará nas actividades previstas en Fitur pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, como a presentación do seu novo vídeo promocional, ‘A Mariña, Galicia de corazón’.

“É moi satisfactorio ver o interese...

leer más
24/01/2024

O obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,)  o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.

A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...

leer más
Etiquetas:
24/01/2024

Folgueiro, no concello de O Vicedo, celebrará o seu Antroido o sábado 10 de febreiro. Está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.

A partir das 20:30 horas haberá degustación gratuíta de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido. A continuación terá lugar o baile amenizado pola orquestra Fuego e a disco móbil Olympo. E entregarán premios aos mellores disfraces nas categorías de grupos, parellas e individuais.

 

Etiquetas:
24/01/2024

Ribadeo, a contrapunto. A nova marca turística será presentada mañá, día 25, na Casa de Galicia en Madrid. Será a xornalista e escritora Sonsoles Ónega a encargada de amosarlle ao mundo a través de 28 frases asociadas a recursos a excepcionalidade de Ribadeo. 

O acto dará comezo ás 21:00 horas. E no mesmo intervirán tanto o alcalde, Dani Vega, como a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que incidirán en que Ribadeo ten un carácter propio, marcado pola súa historia, pola súa tradición, pola súa cultura e pola súa xeografía: “todo iso permítenos bailar ao noso ritmo, a contrapunto”. 

Na Casa de Galicia está prevista a proxección dun vídeo no que os asistentes gozarán dun territorio con grande personalidade e dinamismo propios, onde o movemento e a tranquilidade están en perfecto equilibrio. 

... leer más
Etiquetas:
23/01/2024

O Concello de Xove ven de presentar o programa definitivo do Entroido 2024, que arrincará o 9 de febreiro con baile infantil de disfraces no pavillón municipal a partir das 18:00 horas, amenizado pola disco móbil Conxuro.

Xa o sábado, 10 de febreiro, desenvolveranse as actividades centrais do Entroido co seguinte programa:

-17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do  Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile  e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.

-Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, haberá festa rachada no pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola DISCO MÓBIL...

leer más