Tomate

Etiquetas:
27/08/2021

O Concello de Ribadeo organiza para este domingo, día 29, no mercado unha nova edición da xornada Toma Tomate, que inclúe diversas actividades para homenaxear a esta hortaliza.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anuncia que “continuando coa aposta por unha alimentación saudable e sostible, este domingo na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo vaise celebrar unha nova edición do Toma Tomate, unha xornada homenaxe a este produto da horta tan noso”.

Pablo Vizoso especifica que “dende primeira hora da xornada, coa colaboración do centro Pedro Murias, terá lugar unha mostra das variedades deste alimento, onde membros do centro compartirán a súa experiencia e coñecemento do seu cultivo.Poderase desfrutar ademais da exposición Alimentación Cotiá, presente e pasado, que fai un percorrido pola historia...

leer más
01/10/2019

No salón de plenos da casa consistorial de Mondoñedo foi presentada a nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo. O representante da empresa, Jorge Losada, estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia, e pola coordinadora da marca de calidade Horta de Mondoñedo, Zoila Gulín.

Mariña, Bienes y Servicios inicia a distribución de derivados do tomate, como son tomate frito, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á Horta de Mondoñedo. Por esta vía, a empresa dará saída ás pezas do tomate que produce que, pola súa morfoloxía, non son comerciais. Está previsto que a distribución da primeira remesa se inicie de inmediato. A firma mindoniense fará promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.

... leer más