Solidariedade
O 30 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio de Burela terá lugar Máxica-Mente, un evento organizado pola Asociación de Magos da Mariña e pola Asociación de Saúde Mental A Mariña, coa colaboración do Concello. Os magos (Pi, Senín, Paredes, Aris e Joge) encherán de ilusión o auditorio. O prezo das entradas, que se venderán o mesmo venres no Auditorio, será de 5 euros. O recadado irá destinado á Asociación de Saúde Mental A Mariña.
A próxima fin de semana -venres 26 e sábado 27 de novembro- na Libraría Bahía, de Foz, celebran a segunda fin de semana solidaria.
Desde o establecemento explican que “o 10% das vendas destes dous días ímolo destinar a achegar un libro ás nenas e nenos con menos recursos do concello de Foz. En colaboración cos Servizos Sociais, cada unha delas terá un cheque regalo co que se poderá achegar á libraría a escoller o libro que máis lles guste”.
E engaden: “este é o segundo ano que levamos adiante esta acción e con ela pretendemos mandar unha mensaxe solidaria que consideramos necesaria: merquemos pensando tamén nos demais, sempre”.
Finalizados os traballos na pintura mural realizada polo artista Daniel Carreira, e promovida pola iniciativa Movart- A Mariña e polo Concello de Foz. Cómprense con ela tres obxectivos:
- A expresión artística en si mesma.
- A Acción solidaria.
- A recuperación de espazos públicos degradados.
Na tarde de mañá celebrarase o evento artístico e solidario “MOVEMENTO ARTÍSTICO POLA PAZ”, no que participarán o pintor Daniel Carreira, a agrupación O Feitizo, o músico Felipe Sánchez, o poeta Javier Agrelo e o grupo “Toxo Guayaba”; ademais renderase unha pequena homenaxe á poeta Angelina Gatell facendo un recitado do “Poema del Soldado”.
Os actos celebraranse na Praza Salgado Toimil (fronte á Casa da Cultura) ou, no caso de que chova, no salón de actos da propia Casa da Cultura.
... leer másXa está aquí, MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual que se celebrará entre os días 21 e 31 de decembro e que vai sacar o maior potencial solidario das persoas nestes tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.
Como? O evento reta a todas as persoas inscritas a percorrer un total de 6000kms (entre todas as persoas que participen) camiñando, correndo ou andando en bicicleta, destinando a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social da poboación do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).
E ademais, se o reto se conseguise, no sorteo que se realizará ao final do evento entregaranse cheques regalos cun valor total de 3000 euros que destinará o Concello de Barreiros, para comprar ou consumir nos establecementos locais asociados a esta...
leer másA Tropa de Trapo continúa o vindeiro domingo en Alfoz a xira do espectáculo ‘Catro monos’, que está a levar os contos con valores a diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actuación desenvolverase o 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, nas proximidades do Día de África, que se celebra o 25. A compañía mestura narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para facer reflexionar ao público sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.
‘Catro monos’ é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será amáis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana. Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria, que terá lugar o día 8, na que o fondos recadadosirán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.
Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”.“Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos...
leer másA praza do Concello acolle estes días unha exposición conmemorativa do vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación. A mostra pode visitarse ata o día 25 de xuño e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a achegarse á solidariedade acudindo a esta cita.
A exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade estrutúrase en cinco grandes cubos de catro caras pensados para a instalación en exteriores. O ilustrador Pepe Carreiro encargouse do seu deseño, cun formato moi visual, mentres que os contidos foron ideados pola Secretaría Técnica do Fondo Galego.
O rexedor burelés invita “a toda a xente que estea en Burela estes días a que se achegue á praza do Concello a visitar a exposición que conmemora o vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación, a onde pertence o Concello re Burela. Consideramos que debemos ser un...
leer másVeciños e veciñas de Vilaronte organizan unha cea baile para recadar fondos destinados a unha familia desta parroquia de Foz que sufriu un incendio na súa casa hai uns meses.
O evento celebrarase o día 10 de xuño, sábado, a partir das dez da noite, no restaurante O Asador, de Barreiros. O prezo por persoa é de 25 euros, co donativo incluído, e o menú está composto por fideuá mariñeira, tenreira ou lechazo, postre, viño, café e chupito. A cea estará amenizada por Ana Cristina. As tarxetas para participar hai que retiralas no propio restaurante O Asador e o prazo remata o 5 de xuño.
Neste acto solidario colaboran o Concello de Foz, o restaurante O Asador e o supermercado Eroski, de Barreiros.