Couxela

Etiquetas:
11/09/2024

A parroquia ribadense de Couxela celebra a súa XIX Festa na honra da Virxe das Dores, o sábado 21 de setembro.

O programa de festexos dará comezo ás 13:00 horas coa celebración da misa solemne seguida de procesión, que estará acompañada por Illa Pancha Cuarteto Tradicional. Despois haberá sesión vermú co solista Jaime Paredes.

A partir das 22:45 horas terá lugar a verbena co solista Jaime Paredes e a orquestra Tania Blanco Show.

Colaboran coa organización desta actividade: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
07/09/2015
O 26 de setembro celébranse as festas de Couxela, en Ribadeo, na honra da Virxe dos Dores.

 

As festas da parroquia de Couxela, en Ribadeo, na honra da Nosa Señora dos Dores, terán lugar o 26 de setembro. Tras a misa solemne, prevista para as 13 horas, haberá procesión e despois a  sesión vermú correrá a cargo de Fania Blanco Show, o mesmo grupo que xunto a Tekila ofrecerá a verbena da noite, que dará comezo ás once.