Deportes

Etiquetas:
19/10/2020

O Concello de Cervo anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais Infantís. A tempada dará comezo o día 2 de novembro e as fichas de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.

Ofertaranse prazas nas modalidades de Ximnasia Rítmica, Multideporte e Patinaxe. A ximnasia rítmica terá lugar os luns, en horario de 16:00 a 17:00, na Casa do Mar de San Ciprián.

A actividade de multideporte desenvolverase os martes, no pavillón A Veiga de San Ciprián, de 17:00 a 18:00 horas, con fútbol sala, baloncesto, skate, MTB, padel e tenis.
A patinaxe artística será no pavillón do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, os mércores de 16:30 a 19:30 horas.

O Concello de Cervo advirte que, por motivos de seguridade, o aforo das clases será...

leer más
Etiquetas:
13/10/2020

Os días 17 e 23 de outubro volve A Mariña en Ruta con propostas para achegarnos á interpretación dun ecosistema intermareal en Foz e á terra de cervos, entre Mondoñedo e Alfoz. 

Desde a Mancomunidade de Concellos de A Mariña, ente organizador desta iniciativa, a súa Axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida, lembra que “o pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta cunha moi boa acollida, xa que contaron con 327 persoas que gozaron da oferta das rutas ofrecidas, cubríndose un 92% das prazas dispoñibles”. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante...

leer más
Etiquetas:
10/10/2020

O deputado de Deportes Efrén Castro participou na presentación da 58 edición da proba de piraguismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.

A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.

O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.

O  acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as directivas do clbu foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de...

leer más
Etiquetas:
08/10/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz volve organizar as súas andainas despois de meses de non levalas a cabo por mor da pandemia do covid-19.

A primeira ruta terá lugar o domingo, 18 de outubro, por terras de Xove, polos lugares de Muíños e Medela, cunha distancia de 14´5 quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor e tamén ás 9:00 de Ferreira.

Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.  O prazo para anotarse remata o venres 16 de outubro. Os prezos son de 3 euros para os socios non federados, 4 euros para o socio temporal e de balde para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo...

leer más
Etiquetas:
06/10/2020

As Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente anuncian que volven as Xeorutas no último trimestre do ano. O Concello recupera deste xeito as que non puideron celebrarse durante os meses de xuño e xullo por mor da pandemia do Covid-19. A Ruta Xeolóxica do Perdouro será os días 10 de outubro e 29 de decembro; a da Marosa, os días 5 e 27 de decembro; e a do Monte Castelo, o 7 de decembro. As Xeorutas foron presentadas polos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, xunto ao alcalde, Alfredo Llano. 

O edil de Turismo explicou que “desde a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Medio Ambiente, imos volver poñer en marcha as rutas xeolóxicas que non puidemos facer durante o verán, nos meses de xuño e xullo, debido á pandemia. Quedáronnos pendentes unha serie de rutas que queríamos facer nesas datas que...

leer más
Etiquetas:
03/10/2020

A Mancomunidade fai unha valoración moi positiva do programa A Mariña en Ruta, que se desenvolveu durante os meses de agosto e setembro. 327 persoas gozaron da oferta de rutas ofrecidas e amosáronse partidarios de volver repetir a experiencia e consideran que debería ter continuidade. O ente supramunicipal anunciará ao longo dos vindeiros días o calendario de roteiros programados para este outono. 

O pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta, que contaron cunha moi boa acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante este atípico verán 2020 marcado...

leer más
Etiquetas:
28/09/2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes que dirixe David Rodríguez, xa ten todo disposto para o inicio da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincarán o vindeiro xoves, 1 de outubro, cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

Tal e como explica Rodríguez “delimitamos parcelas individuais tanto no Ecomuseo en Cervo como na Cada do Mar en San Ciprián, para garantir a distancia de seguridade á hora de facer cada actividade; e establecemos puntos de desinfección en cada unha das aulas nas que impartiremos ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, actividades  coordinadas por Belinda Fra, co apoio do seu equipo de monitores profesionais”. 

Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como...

leer más
Etiquetas:
25/09/2020

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, anunciou que do 28 de setembro ao 1 de outubro estará aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno que organiza o Concello. Ofértanse 15 prazas como máximo en cada unha das seguintes disciplinas: atletismo, tenis, rutas en bicicleta, patinaxe lúdico e rugby. Todos os asistentes deberán cumprir co protocolo covid e asinar unha declaración responsable. Poderán participar nestas actividades todos os nenos e nenas nad@s entre os anos 2009 e 2016.

O edil burelés contou que “a Delegación de Deportes do Concello de Burela presentou as Escolas Deportivas Municipais de Inverno deste ano 2020. Despois de darlle moitas voltas debido ao covid, decidimos que imos iniciar as escolas con todas as precaucións debidas e con toda a prudencia posible, pero tamén entendemos que debemos...

leer más
23/09/2020

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 5 de outubro comezarán as actividades de Ximnasia de Mantemento e Aerolatino, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade, que será totalmente gratuíta, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes:

En San Adrao: Ximnasia os luns e os mércores de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.

En Santo Tomé: Ximnasia os luns e os mércores de 18 a 19 e Aerolatino os...

leer más
Etiquetas:
22/09/2020

O Concello de Ourol organiza un curso de ximnasia para maiores que dará comezo o 2 de outubro. A actividade terá lugar dous días á semana (martes e venres), entre 11:00 e 12:00 horas, no edificio multiusos. Poderán participar só as persoas empadroadas no Concello de Ourol e para anotarse é preciso chamar ao departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo estará limitado e será obrigatorio o uso de máscara.

Ademais celebrarase un curso de entrenamento da memoria, a partir do día 14 de outubro. A actividade desenvolverase un día á semana (os mércores), entre 11:00 e 12:30 horas, no edificio multiusos. Só poderán asistir persoas empadroadas no Concello de Ourol que terán que anotarse no departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo será limitado e obrigatorio o uso de máscara.