Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta do ano ao alto do Picato, en Trabada, o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.
A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 9:00 horas tamén desde Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 15 de xaneiro, nos números de teléfono 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A actividade é de balde para os socios federados e ten un prezo de 3 euros para os socios non federados e de 4 euros para o socio temporal.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O salón de plenos do Concello acolleu este venres a presentación da Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino, que se disputará mañá na localidade no pavillón Vista Alegre. O Burela Pescados Rubén medirase ao Poio Pescamar ás 12 do mediodía. Un total de 200 persoas poderán ver en vivo o encontro. As entradas poranse á venda na billeteira do pavillón a partires das nove da mañá ao prezo de 5 euros no fondo e de 8 euros nas gradas laterais. Os afeccionados que non se fagan con esas entradas poderán ver o partido pola televisión, xa que será retransmitido por Teledeporte.
Desde o Concello indicaron que “se seguirán todos os protocolos marcados polas autoridades sanitarias por mor da pandemia do covid 19”.
E subliñaron “a repercusión a nivel nacional que ten este evento deportivo. É moi importante para a imaxe do...
leer másA Fundación Imdecum despedirá 2020 cun cartel de luxo para o Memorial Heroes do Orzán 2020. Baixo o lema da base á elite, un seminario web reunirá o vindeiro martes, 29 de decembro, ás 16.15 horas, a 10 xogadores de Primeira e Segunda División de Fútbol Sala que disfrutaron do torneo mariñán nas categorías de base.
Podes inscribirte xa, a través de Zoom, LIGAZÓN
A Primeira División estará representada por Renato Lopes, Nito e Pitero, do Pescados Rubén Burela FS, Hélder, do Parrulo Ferrol FS, Raúl Jiménez, de Levante UD FS, J. Mínguez, de Aspil Jumpers Ribera Navarra, e Alvarito, de Besoccer CD UMA Antequera. Chicho e Guille, de Leganés FS, e Manu Cebrián, de Soliss Fútbol Sala Talavera, falarán da súa experiencia en Segunda.
A cita, que contará co xornalista deportivo Iván Díaz Rolle...
leer másBurela acollerá a Supercopa de España de fútbol sala feminino o vindeiro 9 de xaneiro de 2021. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, asegurou que é un motivo de orgullo seguir organizando eventos deste tipo pola proxección que supoñen para o municipio e pola repercusión que terá na hostalería e no comercio locais.
O edil burelés contou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que hai unha semanas tanto a Federación Galega de Fútbol Sala como o propio club, Burela Fútbol Sala, se puxeron en contacto con nós para ver a posibilidade de organizar aquí a Supercopa de España de fútbol sala feminino. E desde o primeiro momento tivemos interese en que viñera para aquí esa Supercopa de España porque estas guerreiras que temos merecen que se fagan todos os esforzos posibles para que elas poidan xogar diante...
leer másViveiro e SD Compostela disputarán o LXIX Trofeo Emma Cuervo o vindeiro 30 de decembro. Arredor de 300 persoas poderán asistir ao encontro que foi presentado hoxe no Concello. No acto participaron, entre outros, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada.
O presidente do club organizador anunciou que “o trofeo celebrarase o día 30 de decembro ás catro da tarde no estadio Pepe Barrera, entre os equipos de Viveiro CF e a Sociedade Deportiva Compostela. É a 69 edición e non é unha data especialmente importante para facer o partido, mais era prioritario que non pasara o ano 2020 sen que fixéramos unha nova edición. Era moi importante para a nova xunta directiva celebrar o trofeo aínda que sexa nunha data pouco frecuente porque, como sabemos todos, se celebra...
leer másPresentado o programa DIVERFOZ para estas datas de Nadal, a cargo da concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas.
Desde este departamento sinalaron que “levamos meses cunha situación epidemiolóxica que provoca que non poidamos realizar algunhas das actividades habituais, pero desde a Delegación de Xuventude e Deporte non renunciamos a ofertar programas como Aberto x Vacacións ou as Escolas Deportivas Municipais. A organización e desenvolvemento destas actividades supón un esforzo e responsabilidade maior, pero cremos que o deporte, así como o desenvolvemento persoal e social na infancia e na mocidade, é esencial para o presente, pero tamén para o seu futuro. Por este motivo, a pesar da complexa situación, continuamos co reto de ofrecer actividades que agardamos sexan atractivas e nas que poñemos moita ilusión”.
... leer másLas actuales Reinas ya están en Málaga ante el reto de un nuevo trono. El Pescados Rubén defenderá el título de la primera edición de Copa de la Reinaconquistado en Burela 2019, con AD Alcorcón como el primer escollo, mañana (14.00 horas), para la finalísima.La cita del Martín Carpena, que reunirá la final four femenina y masculina entre el viernesy el domingo, podrá seguirse íntegramente por Teledeporte.
Después de estrenar 2019-20 como campeonas de 4Nations Futsal y Supercopa de España y de haberse alzado con el título de liga el pasado mes de junio precisamente en tierras malagueñas, ahora las GuerreiraLaranxas regresan con un nuevo desafío. “Espero que llegue de nuevo muy motivada e ilusionada. Tengo experiencia en estas finales, pero será de nuevo algo muy especial. Tenemos la oportunidad de defender el título; tenemos muchas ganas...
leer másXa está aquí, MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual que se celebrará entre os días 21 e 31 de decembro e que vai sacar o maior potencial solidario das persoas nestes tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.
Como? O evento reta a todas as persoas inscritas a percorrer un total de 6000kms (entre todas as persoas que participen) camiñando, correndo ou andando en bicicleta, destinando a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social da poboación do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).
E ademais, se o reto se conseguise, no sorteo que se realizará ao final do evento entregaranse cheques regalos cun valor total de 3000 euros que destinará o Concello de Barreiros, para comprar ou consumir nos establecementos locais asociados a esta...
leer másO Concello de Cervo acollerá a última carreira do Campionato Galego de Rallys, que terá lugar este vindeiro sábado, 12 de decembro; e que decidirá o título.
O II Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo; discorrerá por un tramo de 10 quilómetros no noso termo municipal; a saída será desde diante da fábrica de Sargadelos e a meta na zona do Castelo. Os pilotos farán tres pasadas por este traxecto: unha ás 9:54 horas, outra ás 14:08 horas e a derradeira e que pechará o campionato, ás 18:22 horas.
Por motivos de seguridade, para poder seguir a carreira como público desde os diferentes puntos habilitados é OBRIGATORIO rexistrarse na páxina https://rallyemarina.wordpress.com/resixtro-covid...
leer más
O Club Atletismo Ría de Foz organiza xunto co Concello de Foz esta
especial edición pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir.
Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, destacou que “os
esforzos dos nosos clubs na súa actividade diaria é algo que valoramos
moito, pero se cabe máis nestas circunstancias. Desde o Concello
animamos a participar nesta carreira, na que haberá probas para todas as
categorías e na que se conta con medidas especiais de prevención de
contaxio da Covid19, recollidas no seu protocolo. Apostamos pola
práctica deportiva de forma segura, como o vimos facendo tamén no
desenvolvemento das diferentes actividades como o programa Aberto x
vacacións, durante o verán, ou as nosas Escolas Deportivas Municipais,
activas durante o curso escolar”.
Manuel Eiras, presidente do...
leer más