O Concello de Cervo anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais Infantís. A tempada dará comezo o día 2 de novembro e as fichas de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
Ofertaranse prazas nas modalidades de Ximnasia Rítmica, Multideporte e Patinaxe. A ximnasia rítmica terá lugar os luns, en horario de 16:00 a 17:00, na Casa do Mar de San Ciprián.
A actividade de multideporte desenvolverase os martes, no pavillón A Veiga de San Ciprián, de 17:00 a 18:00 horas, con fútbol sala, baloncesto, skate, MTB, padel e tenis.
A patinaxe artística será no pavillón do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, os mércores de 16:30 a 19:30 horas.
O Concello de Cervo advirte que, por motivos de seguridade, o aforo das clases será limitado e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da ficha de inscrición. Para que as clases se leven a cabo, o número mínimo de nenos e nenas inscritos/as deberá ser igual ou superior a cinco persoas.
As sesións impartiranse ao amparo dun traballo protocolo de seguridade ante o Covid-19 que a delegación de Deportes foi perfilando en coordinación coas persoas responsables de impartir a actividade.