Normando
Os locais hostaleiros de Foz ofrecerán menús normandos os días 28 e 29 de agosto. A iniciativa, de AciaFozCCA, pretende deste xeito render homenaxe á décima Festa Normanda que neste 2020 non se poderá celebrar debido á pandemia do covid.
AciaFozCCA decidiu levar a cabo esta cita gastronómica, que coincide co décimo aniversario da Festa Normanda, para que a xente non se esqueza da data e a celebre na hostalería ou ben levando os manxares para as súas casas “con sentidiño e respectando as normas sanitarias que están en vigor neste momento”, subliña José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.
Paleo sinala que “queremos manter vivo o espírito da Festa Normanda nun fin de semana tan sinalado no que celebraríamos a súa décima edición. Por mor do covid a festa, como tal, non se poderá desenvolver pero si o faremos...
leer más