O Concello de Ourol organiza un curso de ximnasia para maiores que dará comezo o 2 de outubro. A actividade terá lugar dous días á semana (martes e venres), entre 11:00 e 12:00 horas, no edificio multiusos. Poderán participar só as persoas empadroadas no Concello de Ourol e para anotarse é preciso chamar ao departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo estará limitado e será obrigatorio o uso de máscara.
Ademais celebrarase un curso de entrenamento da memoria, a partir do día 14 de outubro. A actividade desenvolverase un día á semana (os mércores), entre 11:00 e 12:30 horas, no edificio multiusos. Só poderán asistir persoas empadroadas no Concello de Ourol que terán que anotarse no departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo será limitado e obrigatorio o uso de máscara.