A asociación Os Sendeiros de Foz volve organizar as súas andainas despois de meses de non levalas a cabo por mor da pandemia do covid-19.
A primeira ruta terá lugar o domingo, 18 de outubro, por terras de Xove, polos lugares de Muíños e Medela, cunha distancia de 14´5 quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor e tamén ás 9:00 de Ferreira.
Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para anotarse remata o venres 16 de outubro. Os prezos son de 3 euros para os socios non federados, 4 euros para o socio temporal e de balde para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, ademais do xantar. Tamén informa de que cumprirase co protocolo establecido pola Federación e a Xunta para este tipo de actividades, haberá que firmar a autorización Covid e cada participante deberá levar o seu material e comida que non se poderá compartir.
O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.