Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.
A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.
Os días 18 e 19 de agosto terá lugar no pavillón Vista Alegre o torneo de fútbol sala Burela Bonita, que contará coa participación de Movistar Inter, Santiago Fútsal, Palma Fútsal e Burela FS. Este torneo foi presentado este mediodía no Concello burelés.
O alcalde, Alfredo Llano, manifestou que “sempre que sexa calquera tipo de deporte que se faga en Burela é moi agradecido. Pensamos que nesa liña se está traballando todo o posible, tanto no fútbol base como no máis profesional, nos torneos de atletismo e en todo aquilo que poidamos beneficiar a todo o mundo que practique deporte. Evidentemente o fútbol sala en Burela está moi presente, é algo que hai que ter en conta porque no concello hai moita afección e tamén é moi boa fórmula para lanzar a Burela a moitos sitios que chega grazas a este deporte. O torneo ven ben no mes de agosto posto...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a oitava marcha nocturna polo paseo de Malates o vindeiro luns, 14 de agosto.
A saída será as 22:30 horas da praza Conde Fontao e ao remate haberá gran chocolatada e biscoitos gratis.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ata o sábado 12 de agosto. A organización lembra que é preciso levar lanterna ou farol.
Os días 16 e 17 de agosto terá lugar en Burela o torneo 3 x 3 de baloncesto nas categorías benxamín e alevín. Está organizado polo Concello, que conta coa colaboración do CB Burela. A presentación do evento deportivo tivo lugar este mediodía.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes, sinalou que “seguimos apostando polas actividades de ocio no verán para os máis cativos. Pensamos que se trata dunha cita atractiva para Burela e para os amantes do baloncesto. Animamos a todos os rapaces e rapazas interesados en participar neste torneo a que se inscriban e a que acudan”.
O torneo 3 x 3 de baloncesto disputarse na praza da Mariña o 16 e o 17 de agosto a partir das 20:00 horas. As inscrición poderán realizarse o vindeiro mércores a partir das sete e cuarto da tarde.
O edil burelés...
leer másA XXIX edición do trofeo Villa de Foz de fútbol celebrarase o vindeiro domingo, día 13, no estadio Martínez Otero ás 19:30 horas. Enfrontaranse os equipos do CD Lugo e a SD Ponferradina e está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello. O evento foi presentado este mediodía.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, salientou: “estamos a presentar un dos eventos propios do verán do noso Concello, é a XXIX edición do Trofeo Villa de Foz. Neste ano a cooperación do Club Deportivo Foz, que sempre é moi boa, é moitísimo maior, e isto fai que o día 13, domingo, imos ter no Villa de Foz a dous equipos de primeiro nivel: tanto o Club Deportivo Lugo, de Segunda División, como a SD Ponferradina, da comunidade veciña, que está en Segunda B e con aspiracións a ascender a Segunda”.
O rexedor focense engadiu que “...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o sábado, 12 de agosto, un novo andareiro do verán.
A ruta será á Frouxeira cunha dificultade media. A saída terá lugar ás 9:00 horas do Concello en bus ata o punto de partida.
O prezo é 2 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o xoves 10.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida para o camiño e auga.
A décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.
O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.
Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.
Onte tivo lugar na sede do Real Club Náutico de Ribadeo a presentación da 27ª edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo, que se desenvolverá dos días 10 ao 16 deste mes coa celebración de varias regatas e o día 21 está previsto recuperar a tradicional Zalea a Abres.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, manifestou neste acto que “para o Real Club Náutico de Ribadeo é unha satisfacción poder presentar un ano máis o cartel da Semana Náutica e este ano facelo na compaña do delegado territorial da Xunta de Galicia, a quen lle agradecemos a súa presenza neste acto. O cartel desta semana náutica é cedido por un pintor afincado en Figueiras, co que pode dicirse que este ano facemos un acto de irmandamento con ese pobo próximo”.
Ramón Acuña detallou que “a Semana Náutica comprende desde o día 10 deste...
leer másEn Cervo o encoro de Ríocobo acollerá o 5 de agosto a 4ª Regata da 7ª Copa Deputación de Piragüismo.
O Encoro de Ríocobo acollerá este sábado, 5 de agosto, a cuarta regata da sétima Copa Deputación de piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron hoxe a proba, acompañados do responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Javier García, e dunha representación dos participantes do Club local que competirán na regata.
Villares destacou que dende o Concello de Cervo “traballamos por promover a actividade deportiva no seu conxunto; apostando por todo tipo de disciplinas deportivas, dende os deportes de masas, ata aqueles que se poden considerar non tan maioritarios e que queremos achegar sobre todo ás novas xeracións”.
En total estímase que...
leer más