Pobo
Durante o mes de setembro AciaFozCCA repartirá entre os centros de ensino e os locais asociados 4.000 motivos en apoio do comercio local. O slogan desta nova campaña de concienciación é Eu fago pobo.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “con estes 4.000 motivos que faremos chegar aos colexios, institutos, garderías, centros de día, aos locais comerciais e hostaleiros, entre outros, o que queremos é visibilizar, concienciar, educar, valorar e xerar opinión sobre a importancia que ten o comercio local para o noso pobo, sobre o importante que é ser unha persoa emprendedora, sobre a necesidade de darlles continuidade aos negocios familiares e tamén sobre o positivo que supoñen as unións á hora de iniciar proxectos novos”.
Paleo engade que “a mellor forma de concienciar sobre todo isto é facelo...
leer másSatisfacción en Ribadeo tras coñecerse que é o pobo máis popular da provincia de Lugo. Os datos aparecen recollidos nun estudo de Musement, elaborado a partir do volume de buscas en Google, no que propón unha visita aos 50 pobos máis populares de todo o estado.
Musement sinala que a pandemia do covid19 e as limitacións da mobilidade durante o 2020 influíron de xeito notable no incremento do turismo de proximidade, que seguirá a ser unha tendencia neste ano que se acaba de estrear. Foron moitos os que optaron por redescubrir as súas cidades de residencia habitual e outros moitos os que buscaron pequenos paraísos lonxe das multitudes, pero cerca dos seus fogares. O pobo máis buscado da provincia de Lugo foi Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “realmente é unha satisfacción poder ver que nestes...
leer más