O IV Trail As Minas celébrase na Pontenova este domingo, 30 de marzo

A cuarta edición do Trail As Minas celebrarase na Pontenova este domingo, día 30 de marzo, desde as 10:30 horas. A saída e a meta estará na Praza dos Fornos.

Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, que anuncia que haberá: carreira, andaina, música, pinchos e sorteos.

Os deportistas que participen no trail percorrerán unha distancia aproximada de 18 quilómetros e a andaina será duns 5 quilómetros. Irán por camiños de terra e pistas, que estarán pechados a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización. A saída das carreiras será ás 10:30 horas e andaina empezará ás 10:45 horas.

A inscrición faise a través da páxina web https://ccnorte.com/. O prazo remata este xoves, 27 de marzo, as 23:59 horas.