O prazo de solicitudes para o programa Trabada Concilia comeza este martes, 28 de maio, e estará aberto ata o 11 de xuño. Dentro deste programa inclúense tódolos servizos de conciliación ofertados polo Concello de Trabada, como son o campamento de verán 2024, o servizo de Madrugadores, Ludiseráns e os cursos de natación para o curso escolar 2024-2025.
O Concello amplía o número de prazas do campamento de verán debido á gran acollida que tivo o ano pasado.
“Dende o Concello de Trabada continuamos apostando polos servizos de conciliación para as familias, que tan necesarios son hoxe en día para axudar aos pais e nais, contribuíndo a fixar poboación no rural”, asegura o alcalde, Rubén García, que engade: “continuamos ofertando estes programas durante o verán e durante o curso escolar xa que queremos que as familias do noso concello conten cuns programas de conciliación amplos e a vez económicos”.
O custo de cada un dos programas é de 15 euros ao mes. “Queremos coidar ás familias do noso concello e darlles a posibilidade de contar con estes servizos tan necesarios para conciliar a vida familiar e laboral”, comenta Rubén García.