O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación, que se realizará o día 24 de maio, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.

Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etcétera. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.

A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982.55.80.01.

A actividade, organizada polo Concello de Alfoz, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde. As persoas participantes recibirán certificado de asistencia.