O Concello de Barreiros, grazas a un convenio coa Fundación Cibervoluntarios, presenta un campamento dixital para a rapazada de 13 a 17 anos. Esta formación ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital entre a xuventude. O campamento terá lugar na Aula CeMit de Barreiros do 1 ao 19 de xullo de luns a venres de 11 a 13 horas. A actividade consta de 30 horas de formación gratuíta durante as cales, a través de aventuras interactivas, os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para acadar logros.
Os participantes aprenderán: uso consciente e responsable de Internet e redes sociais, protección da identidade dixital, novas competencias recollidas no marco europeo de competencias dixitais DIGCOMP.
O Concello de Barreiros salienta que “é unha boa oportunidade para mellorar as habilidades dixitais mentres se divirten e coñecen a outros rapaces e rapazas”.
As inscricións, que estará abertas ata o 26 de xuño, poden facerse a través da seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/.../formacion-presencial/46245. Tamén os luns, mércores e venres no Concello e os martes e xoves na Aula CeMIT.
Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 666.875.946.