Tarta

Etiquetas:
11/07/2018

A sala Queralt do centro de interpretación da Basílica de San Martiño acolleu esta tarde a presentación da tarta denominada a Zapata do Milagre de San Gonzalo, unha creación de pastelería Anduriña, que se porá á venda mañá tanto neste establecemento como no propio museo. 

Na súa intervención o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, dixo que “se trata dunha idea interesante para promocionar o noso pobo por toda España a través da gastronomía e deste doce”. O rexedor destacou “o carácter emprendedor dos propietarios de pastelería Anduriña, Moncho e Mari, e a súa disposición a colaborar coas asociacións e colectivos do noso pobo” e amosoulles “o máximo apoio desde o Concello de Foz”. Castiñeira fixo alusión ás máis de 25.000 visitas anuais que recibe a Basílica de San Martiño, dixo que se trata dun conxunto histórico impresionante e subliñou que...

leer más