O Concello de Ourol ofrece unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos durante o mes de xullo

O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver no pavillón polideportivo municipal, inicialmente durante o mes de xullo (de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin, anuncia o Concello.

As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Haberá tamén un servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade del. Será de 8:00 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas Para máis información e solicitudes deste servizo deben dirixirse á Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 982.55.90.19.