O Concello de Viveiro informa de que o luns 1 de xullo comeza a primeira quenda do campamento de verán, que se desenvolverá no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 08.30 a 14.30 horas con entrada flexible ata ás 10.00 horas.
Haberá catro quendas ata o 30 de agosto: do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 09 de agosto e do 12 ao 30 de agosto.
“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar. Deste modo os cativos e cativas gozan dunha alternativa de ocio saudable á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.