Cursos
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello. Levarase a cabo dende o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e no pavillón polideportivo.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de decembro.
Kids&Us Ribadeo organiza un campamento en inglés del 23 al 27 de diciembre para niños y niñas de 3 a 10 años en horario de 09:30 a 14:30. El campamento está abierto a todos los niños y niñas, asistan o no a clase en Kids&Us Ribadeo.
Estas actividades permiten que niños y niñas mantengan el contacto con el inglés durante los períodos vacacionales, ya que se divierten mientras aprenden con el método de aprendizaje de Kids&Us.
Las plazas son limitadas, pues los grupos tienen un máximo de diez participantes que se agrupan por edad. De este modo pueden asegurar el trato individualizado y optimizar los resultados y el aprendizaje.
Todas las actividades del campamento se hacen íntegramente en inglés (taller de teatro, hora del cuento, juegos, manualidades, etc.) y siguiendo una...
leer másO Concello da Pontenova organiza un campamento de Nadal os días 23, 24, 26, 27,30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Esta actividade é para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai un límite de 50 prazas, por orde de inscrición.
Os prezos son: 30 euros para empadroados na Pontenova e 50 para os que non o están.
A inscrición pode facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77 e o prazo remata este xoves, día 19 de decembro.
A asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade Camiña, con sede en Burela, organiza un programa de actividades de Nadal. Desenvolveranse os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas. Están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos e ten prioridade a infancia con diversidade. Haberá manualidades, talleres de cociña, xogos, etcétera.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de decembro e as prazas son limitadas. Pódense reservar chamando ao teléfono 982.58.04.23 ou a través das redes sociais de Camiña.
Burela acollerá, na aula CEMIT, o obradoiro 'ConTICgo Migrantes', un taller de competencias TIC para a igualdade de trato de persoas migrantes no ámbito dixital. Será o martes 17 de decembro de 11:00 a 12:00 horas. Está dirixido a persoas de orixe estranxeira.
Fundación Cibervolunatarios é a entidade organizadora da actividade, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030; do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; e a colaboración do Concello de Burela.
O Concello de Burela explica que “este taller, dunha hora de duración, pon de manifesto as consecuencias da expansión do discurso do odio na internet, e buscar proporcionar ferramentas para identificalo, denuncialo e contribuír a frealo. Agradécese confirmación de asistencia en Información do Concello de Burela ou no número de...
leer másCoincidindo co Día Mundial das Persoas Migrantes -18 de decembro-, a
Rede Museística Provincial de Lugo organiza unha xornada con diversas
actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación
de espazos de encontro, que se desenvolverán no Museo Provincial de Lugo
e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que dan continuidade ao
programa “Culturas en diálogo” no que os museos provinciais traballan
desde hai máis dunha década fortalecendo lazos coas comunidades
migrantes nas comarcas de Lugo e no resto do país.
Haberá actividades o 18 de decembro entre as 12 da mañá e as 18:30 horas.
Ademais de celebrar a diversidade cultural e sensibilizar arredor desta
temática, a xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do
Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo, un espazo...
O Concello de Burela convida á rapazada de 14 a 20 anos a esta actividade, que se desenvolverá os días 23 de decembro, 30 de decembro e o 3 de xaneiro.
Nesta ocasión terá lugar na Sala Multiusos da Casa da Cultura de 10:30 a 13:30, e non na biblioteca como noutras edicións.
As prazas son limitadas, polo que será necesario apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de luns a venres entre as 9:00 e a 13:00 e entre as 17:00 e as 20:00 horas.
A Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove pon en marcha para o vindeiro Nadal o programa de Conciliación da Vida Laboral e Familiar para nenas/os de 3 a 10 anos, durante os días laborais das vacacións escolares de Nadal, de 8:45 a 14:30 horas.
As inscricións realizaranse na OMIX ata o 16 de decembro.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, anuncia que “o próximo domingo, 8 de Decembro, impartirase o curso de primeiros auxilios, homologado pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias. Todos aqueles interesados en anotarse terán que facelo no teléfono 652.144.194 (Nuria)”. Será de 16:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.
As prazas son limitadas e o prezo para socios do colectivo organizador é de 5 euros mentres que as persoas que non pertencen á asociación terán que pagar 10 euros.
O Concello de Mondoñedo anuncia que os días 13, 14 e 15 de decembro Mondoñedo ten a súa cita habitual coa arqueoloxía.
“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica que se ven celebrando en decembro dende fai máis de vinte anos. Son as Xornadas Mindonienses de arqueoloxía que, neste 2024, chegan á súa edición número 24. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición monográfica sobre a Cova do Rei Cintolo a raíz de todas as investigacións que se estiveron e está a realizar nela dende o ano 2018. Nesta edición, o Concello conta coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía para achegar esta temática. A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa...
leer más