Camiña
A asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.
O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...
leer másA asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade Camiña, con sede en Burela, organiza un programa de actividades de Nadal. Desenvolveranse os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas. Están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos e ten prioridade a infancia con diversidade. Haberá manualidades, talleres de cociña, xogos, etcétera.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de decembro e as prazas son limitadas. Pódense reservar chamando ao teléfono 982.58.04.23 ou a través das redes sociais de Camiña.
A asociación Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica o 26 de outubro en Burela
A asociación comarcal de nais, pais e titores de persoas con discapacidade da Mariña lucense Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica para o día 26 de outubro, sábado, en Burela.
O taller de Samaín é para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e desenvolverase de 11 a 13 horas.
E a cea baile benéfica será no hotel restaurante Nordés e comezará ás 22 horas. “O prezo será de 35 euros (30 para a cea e 5 de donativo para a asociación). Contaremos coa colaboración de Dj Beto,que amenizará a noite. As entradas están dispoñibles tanto en Camiña A Mariña coma no hotel restaurante Nordés. Non esquezas facer a túa reserva con antelación”, explican desde Camiña.