Castelao

Etiquetas:
25/10/2022

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro 27 de outubro ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz a presentación do libro de Suso Piñeiro “Castelao. Plástica e pensamento”
 
O traballo de Piñeiro representa un percorrido pola obra artística do primeiro Castelao, concretamente entre 1903-1916, un período de aprendizaxe e lanzamento público do ilustre artista, escritor e político de Rianxo.

 

Etiquetas:
08/06/2016
Cándido Pazó chega a Burela este venres, 10 de xuño, con "Qué comerá o Rei?". Así se celebrará o Ano Castelao na vila.
 
O Ano Castelao 2016 celebrarase en Burela da man da Área de Cultura da Deputación coa representación de Qué comerá o Rei?  a cargo de Cándido Pazó. Será este venres, 10 de xuño, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
 
Qué comerá o Rei? é un espectáculo de narración oral (contos, monólogos cómicos...), é polo tanto un espectáculo de produción lixeira, un espectáculo para todos os públicos , unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
 
Etiquetas:
07/04/2016
A programación do Ano Castelao da Deputación de Lugo chega este sábado, 9 de abril, a Mondoñedo.
 
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo “Qué comerá o rei?” que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente de Cándido Pazó. 
 
Pazó estará este sábado, 9 de abril, na Casa da Xuventude de Mondoñedo ás 20:30 horas. En maio pasará por Viveiro o día 14 ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. E en xuño estará en Burela o día 10 ás 21:00 horas na Casa da Cultura
 
Etiquetas:
30/03/2016
O Ano Castelao 2016 celebrarase nas comarcas lucenses da man da Área de Cultura da Deputación. Na Mariña haberá actividades en Viveiro, Burela, Mondoñedo, Ribadeo e O Valadouro.
 
O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a programación prevista en torno ao Ano Castelao 2016. Xunto a el estiveron tamén Lucía López, responsábel técnica do programa, Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, Aurelia Balseiro, Directora do Museo de Lugo, e Brian Rodríguez, representante da Asociación Cultural Juan Casaveteiro de Lugo. 
 
Ferreiro explicou que a programación que se presenta é “especial” pois este ano “a Academia Galega de Belas Artes escolleu como autor homenaxeado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, destacando as súas achegas teóricas e creativas para divulgar a dignificación de Galiza”, indicou.
 
... leer más