Burela acolle o obradoiro 'ConTICgo Migrantes', para persoas de orixe estranxeira, o 17 de decembro

Burela acollerá, na aula CEMIT, o obradoiro 'ConTICgo Migrantes', un taller de competencias TIC para a igualdade de trato de persoas migrantes no ámbito dixital. Será o martes 17 de decembro de 11:00 a 12:00 horas. Está dirixido a persoas de orixe estranxeira.

Fundación Cibervolunatarios é a entidade organizadora da actividade, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030; do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; e a colaboración do Concello de Burela.

O Concello de Burela explica que “este taller, dunha hora de duración, pon de manifesto as consecuencias da expansión do discurso do odio na internet, e buscar proporcionar ferramentas para identificalo, denuncialo e contribuír a frealo. Agradécese confirmación de asistencia en Información do Concello de Burela ou no número de teléfono 982.58.60.00”.