Cursos

26/01/2025

A asociación Eco das Minas, da Pontenova, organiza clases de iniciación á acuarela na aula da Casa das Asociacións un sábado cada mes de 16:30 a 18:45 horas. É para persoas de 12 anos en diante e o prezo son 20 euros.

Eco das Minas anuncia: “sumérxete no cautivador e relaxante mundo da acuarela da man de Rocío Fernández Paz, creadora visual, deseñadora e ilustradora. Unha fermosa actividade para pasar as tardes de inverno entre risas e cores”.

Para máis información as persoas interesadas poden chamar ou enviar WhatsApp ós seguintes números de teléfono: 659.354.645 ou 653.434.712.

Para organizar esta actividade a Asociación Musical Eco das Minas conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.

25/01/2025

O día 3 de febreiro, luns, comezarán en Reinante as actividades de dinamización deste ano 2025 organizadas polo Concello de Barreiros. Estarán dedicadas a aprender a usar o teléfono móbil dun xeito sinxelo e útil e á recollida de fotografías antigas para facer recompilacións por parroquias. A actividade será os luns de 10 a 11 horas na Escola de Reinante. A inscrición para participar pode facerse contactando coa asociación de veciños de Reinante ou no Concello.

Ademais o Concello de Barreiros anuncia que “unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande. Informaremos das datas nas que estas actividades chegarán a outros sitios de Barreiros aínda que calquera persoa pode asistir ao lugar que máis se lle axeite. Estade atentos/as! Non perdades esta oportunidade de...

leer más
Etiquetas:
24/01/2025

A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.

A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.

Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio...

leer más
Etiquetas:
19/01/2025

A asociación Saiñas, de Xove, organiza un taller de bordado ao aire en Xove para os sábados 22 de febreiro e 8 de marzo. Será en instalacións do Concello de Xove de 16:00 a 20:00 horas.

“Estamos encantad@s de compartir unha nova proposta con vós: un obradoiro de bordado ao aire. Cremos que será unha experiencia única para desfrutar e aprender nun ambiente relaxado e creativo”, explica a asociación Saiñas.

 

17/01/2025

O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de “promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal”. O prazo para anotarse remata o día 31 de xaneiro.

Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesións de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade; cociña básica e saudable e conservación de alimentos; organización e planificación de tarefas domésticas; iniciación á costura e reparación básica de prendas; limpeza e organización do fogar, lavado, dobrado e planchado de roupa; autocoidado persoal e hábitos saudables.

... leer más
16/01/2025

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa educativo Escola de Familias, unha iniciativa que busca proporcionar ferramentas e recursos ás familias para afrontar o reto da educación das crianzas. Este ano o programa desenvolverase en colaboración co colectivo Educando en Familia e contará cun total de seis obradoiros gratuítos que terán lugar nos colexios do municipio.

Os obradoiros son os seguintes: A corresponsabilidade na familia, o 25 de xaneiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; Construíndo unha autoestima sa en nós e nas nosas crianzas, o 15 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Miguel; Relacionámonos con afecto, o 15 de marzo de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; As habilidades sociais e a comunicación: como ter asertividade?, o 26 de abril de...

leer más
02/01/2025

Xove albergará un curso de reciclaxe de socorrismo acuático en instalacións os días 11 e 12 de xaneiro, sábado e domingo. Será na Aula de Formación e en instalacións deportivas municipais de Xove.

O Concello de Xove anuncia que o prazo de inscrición está aberto ata o día 9 de xaneiro.

26/12/2024

Dentro do programa de actividades de Nadal da asociación Eco das Minas-A Chocolateira, da Pontenova, levarase a cabo un obradoiro de acuarela, a cargo de Rocío Fernández Paz, para crear adornos de Nadal. Será este sábado, día 28 de decembro, de 16:30 a 18:30 horas na Casa das Asociacións da Pontenova.

Esta actividade é para persoas maiores de 12 anos de idade o prezo da inscrición é de 15 euros. O prazo para apuntarse remata este venres, 27 de decembro. Os teléfonos de contacto son o 659.35.46.45 (Rocío) e o 653.43.47.12 (Tania).

Etiquetas:
20/12/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición dos obradoiros de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estuden nalgún dos centros educativos do municipio. Terán lugar os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e mais os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá xogos, experimentos, música e máis actividades. É de balde e a inscrición será mediante formulario online no enderezo https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeMf1_Uw.../viewform

“Son uns obradoiros para favorecer que os nenos teñan actividades durante todos os días do Nadal”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que engade: “xa se levan facendo moito tempo en Viveiro e sempre funcionan, polo que agardamos que, un ano máis, tanto as familias como os nenos estean contentos e...

leer más
Etiquetas:
18/12/2024

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello. Levarase a cabo dende o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e no pavillón polideportivo.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de decembro.