Cruceiros

Etiquetas:
15/05/2022

A Bretaña que hai en Nós (As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao) é o título da mostra que se pode visitar na Sala de Turismo de Ribadeo ata o vindeiro 30 de maio. 

A asociación de irmandade Ribadeo - Loctudy convída a coñecer esta exposición de marcado carácter divulgativo, centrada nunha das producións sobre arte máis emblemáticas de Castelao.

En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira viaxan a Bretaña e durante catro meses percorren a vella Armórica. Alí, Castelao establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Desta viaxe nace a obra de Castelao publicada en 1930 polo Seminario de Estudos Galegos, estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña e como documentación...

leer más
Etiquetas:
04/05/2022

Hoxe presentouse a última publicación editada polo Concello de Xove: o libro Cruceiros, Cristo e Cruces do Concello de Xove, un exhaustivo estudio sobre estas figuras do noso patrimonio etnográfico. A obra está escrita por d. Mario Saavedra Pérez, mestre de profesión, cunha longa experiencia no traballo de campo. Como etnógrafo é integrante do Proxecto Carboeira, o cal ten como obxecto a localización, inventario e catalogación dos cruceiros da comarca da Terra Cha. Dende fai anos realiza a mesma labor de estudio e catalogación nos municipios da Mariña,  tendo xa efectuado a catalogación dos cruceiros dos Concellos de Alfoz, Ourol, Valadouro, Mondoñedo e Xove. 

A obra achéganos á figura dos Cruceiros e recolle un interesante catálogo co único cristo, as dezaseis cruces e os oito cruceiros inventariados no territorio de Xove. Recolle lendas...

leer más
Etiquetas:
25/10/2021

O sábado, 30 de outubro, ás 17:00 horas comezará a visita guiada organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “sairemos en autobús de diante da Casa do Concello para ver algúns dos moitos cruceiros, cruces e cristos do municipio de Alfoz. O encargado de guiarnos nesta ocasión será Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz”.

Para participar hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o luns 25 ata o venres 29 ou ata esgotar as prazas, que son limitadas.

A actividade é de balde e está incluída no Plan Único da Deputación Provincial, na Área de Turismo.