Folklórico
A cita comezará o venres 4 de agosto, a partir das 19:30 horas, coas actuacións dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro
O domingo 6, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Infantil coa participación da Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará co Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, coa colaboración da Administración local.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación,...