Magosto
A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música
“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 30 de novembro, desde as 20:00 horas.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este xoves, 28 de novembro.
A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza un magosto nesta parroquia de Viveiro. Será este sábado, día 9 de novembro, dende as 21:30 horas.
Haberá degustación de castañas, arenques, xamón e chourizos. E actuación musical a cargo de Verónica Cambón.
Para os socios do colectivo organizador a participación é gratuíta e as persoas que non forman parte da asociación Camiño de Galdo deberán pagar 10 euros.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no concello de Cervo, organiza un magosto que se celebrará este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:00 horas no Local Social do colectivo.
Haberá degustación de castañas e panceta.
A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.
As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.
Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.
En Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional o día 9 de novembro, sábado. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Haberá castañas, viño e chocolate.
As actividades comezarán ás 18 horas con Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro. E ás 19:30 horas empezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.
Este evento está organizado polas asociacións mindonienses O Pasatempo e Xoldra.
O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.
“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.
As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e...
leer másO día 15 de novembro, venres, na Praza do Concello de Trabada desde as 21 horas celebrarase a festa tradicional desta época do ano, o magosto. Está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “contaremos con carpa, mesas e sillas para uso durante a cea e música a cargo de El Puma”.
Haberá castañas gratis e venderán racións de callos, pastelón de bonito e lacón asado.
Os tickets para a comida estarán á venda no mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express Trabada.
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un magosto para este sábado, 2 de novembro
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un magosto para este sábado, día 2 de novembro. Será na Casa do Forno, de Celeiro, dende ás 17:00 da tarde.
“Ven gozar dunha xornada chea de tradición, música e bo ambiente no noso magosto Popular. Temos o plan perfecto para todas as idades!”, anuncia a organización.
O programa de actividades inclúe “obradoiro de baile tradicional (Nivel iniciación): aprende uns pasos básicos do noso baile tradicional con Cris Canosa e prepárate para botar uns puntos ao ritmo da música en directo. É precisa a inscrición no obradoiro de baile a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/...
leer másA Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un magosto este sábado, día 2 de novembro. Será desde as 20:00 horas no local social.
Haberá degustación de castañas, liscos e chourizos fritos. Os gastos cubriranse “seguindo o estilo de Ribadeo”, explica a organización, que tamén anuncia que para participar é necesario anotarse previamente no Whastapp 650.558.750. O prazo remata este mércores, 30 de outubro.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »