Magosto
A Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.
Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Concello de O Vicedo organiza un magosto que se celebrará este sábado, 7 de novembro, e que se desprazará polas parroquias para levar as castañas e celebrar a chegada do outono.
Ás 12:00 horas comezará o percorrido en Cabanas, no Cruce da Taberna; sobre as 12:45 horas chegará á Escola de Riobarba e, ás 13:30 á Igrexa de Mosende.
Pola tarde, ás 17:00 horas visitará a Escola Unitaria de Folgueiro, ás 17:45 na Igrexa de San Román e ás 18:30 no Campo da Festa de Negradas. O magosto continuará por Beronda onde estará ás 19:15, polo Centro de Saúde ás 19:45 e Cacheiro ás 20:00 horas.
Rematará a xornada polo Porto do Vicedo na intersección entre as rúas do Porto e Cidade de Mondoñedo ás 20:30 horas; na Escola ás 21:00 e na Igrexa ás 21:15 horas.
Os horarios son orientativos e manteranse...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.
A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.
Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza unha nova edición do magosto para este sábado, 18 de novembro.
Os actos terán lugar no local social e comezarán ás 19:00 horas cunha representación teatral a cargo do grupo Batán de Foz. A entrada será libre.
De seguido os asistentes poderán degustar castañas ao prezo de 1 euro a ración, e bocata de panceta por 1´5€ para os socios e 2´5€ para os non socios.
Dende a asociación de veciños do Burgo de Trabar animan a toda a xente a participar neste magosto.
A asociación cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado, 11 de novembro, un magosto popular na praza do Concello.
Desde as 19:00 horas poderán degustarse castañas asadas con viño, e chocolate para os máis pequenos, de maneira totalmente gratuíta.
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo colaborará neste magosto e animará a tardiña acompañando coa súa música tradicional toda a actividade. Ademais haberá carpa para poder disfrutar desta festa.
O Concello de Alfoz continuando coas súas actividades de outono, organiza este sábado, 4 de novembro, unha sesión de contacontos e un magosto.
Ás 20:00 horas, no salón de actos do centro sociocultural, Ángeles Goás ofrecerá unha sesión de contos para adultos chamada O medo é libre. Tal e como apunta a narradora “os contos recollidos nesta sesión son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan”.
Ás 21:30 horas, no polideportivo municipal, celebrarase un magosto en colaboración coa ACX O Castelo, con cena, animadores e hinchables para os nen@s, e actuación do dúo Merengue. O menú da cea estará composto por xamón cocido, callos, costela asada con crema de castaña, tarta de Santiago e castañas asadas. O prezo será de 20 euros para os socios da ACX O...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4