O colectivo ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o 16 de novembro no Pazo de Cedofeita

O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.

“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.

As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e ter máis información poden contactar coa organización deste evento a través do teléfono 604.07.27.46.