A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un magosto o 15 de novembro

O día 15 de novembro, venres, na Praza do Concello de Trabada desde as 21 horas celebrarase a festa tradicional desta época do ano, o magosto. Está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “contaremos con carpa, mesas e sillas para uso durante a cea e música a cargo de El Puma”.

Haberá castañas gratis e venderán racións de callos, pastelón de bonito e lacón asado.

Os tickets para a comida estarán á venda no mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express Trabada.