Galdo, en Viveiro, celebra un magosto este sábado, 9 de novembro

A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza un magosto nesta parroquia de Viveiro. Será este sábado, día 9 de novembro, dende as 21:30 horas.

Haberá degustación de castañas, arenques, xamón e chourizos. E actuación musical a cargo de Verónica Cambón.

Para os socios do colectivo organizador a participación é gratuíta e as persoas que non forman parte da asociación Camiño de Galdo deberán pagar 10 euros.