A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.
As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.
Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.