O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un magosto para este sábado, 2 de novembro

O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un magosto para este sábado, día 2 de novembro. Será na Casa do Forno, de Celeiro, dende ás 17:00 da tarde.

“Ven gozar dunha xornada chea de tradición, música e bo ambiente no noso magosto Popular. Temos o plan perfecto para todas as idades!”, anuncia a organización.

O programa de actividades inclúe “obradoiro de baile tradicional (Nivel iniciación): aprende uns pasos básicos do noso baile tradicional con Cris Canosa e prepárate para botar uns puntos ao ritmo da música en directo. É precisa a inscrición no obradoiro de baile a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/dg1ztTbhTTMKLEvs6”.

Tamén haberá “elaboración de colares de zonchos: crea o teu propio colar con zonchos en familia. Logo poderás levalo para a casa como recordo ou comelo nada máis rematalo. É precisa a inscrición na actividade de elaboración de zonchos a través da seguinte ligazón https://forms.gle/7FGQ4roo7PqEvinQA”.

Ademais están programadas “actuacións musicais en directo: goza da mellor música tradicional mentres pos en práctica o aprendido no obradoiro. Non importa se es principiante, aquí o importante é pasalo ben ao ritmo de Amigos do Folk e Fol do Raxal. Logo foliada libre, para quen se anime a tocar!”.

O colectivo Pensamento e Sementeira remata: “ven compartir connosco a maxia do outono, a música e as castañas asadas!”.

Para consultar calquera dúbida sobre este evento as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico colectivosementeira@gmail.com