Mondoñedo celebra un magosto tradicional o 9 de novembro

En Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional o día 9 de novembro, sábado. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades comezarán ás 18 horas con Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro. E ás 19:30 horas empezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.

Este evento está organizado polas asociacións mindonienses O Pasatempo e Xoldra.