Magosto

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza un magosto tradicional para o 4 de novembro, sábado. Esta previsto que sexa na Praza do Concello, pero se chove trasladarase aos soportais da catedral mindoniense. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica. Ás 18:00 farase truco ou trato de Samaín polas rúas do centro de Mondoñedo e a partir das 19:30 horas desenvolverase o magosto tradicional amenizado coa música de Os Carricantos.

 

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación de veciños Camiño de Galdo, no municipio de Viveiro, organiza un magosto para o 4 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas. Será no local social do colectivo.
Haberá castañas, chourizos e xamón. E festa amenizada polo dúo Estrellas.

Para os socios da colectivo veciñal da parroquia viveirense de Galdo a participación no magosto é gratuíta e os que non pertencen á asociación organizadora terán que pagar 10 euros.

 

Etiquetas:
18/10/2023

O pavillón de San Román, no municipio de Cervo, acollerá un magosto este sábado, 21 de outubro, a partir das 18:00 horas. Haberá actuación dos Acordeonistas da Mariña e degustación gratuíta de castañas.
 
Está organizado pola Comunidade de Montes de San Román, que conta coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
24/11/2022

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto este sábado, 26 de novembro.

As actividades empezarán ás 16:30 horas con talleres de outono para os nenos e nenas que se desenvolverán ata as 18 horas, cando haberá merenda con chocolatada. E ás 19 horas farase un bingo familiar. 

Esta festa está organizada pola Anpa do colexio Juan Rey coa colaboración do Concello de Lourenzá, que aporta os biscoitos e o chocolate para a merenda. As actividades son gratuítas para @s soci@s da Anpa e os demais terán que pagar 5 euros por persoa. 

A alcaldesa, Rocío López, anima “a tod@s a asistir, a participar no magosto e a colaborar coas actividades que organiza a Anpa do colexio Juan Rey”.

 

Etiquetas:
11/11/2022

Maña sábado,12 de novembro, a asociación Amigos da Maruxaina organiza un magosto a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián. E a continuación os presentes poderán defrutar do Show do Barallocas.
 
O domingo, 13, a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, propoñen teatro. A Adala de Fazouro interpretará a súa obra "Vivan os Noivos",  a partir das 19:00 horas no Pavillón de San Román.

 

Etiquetas:
07/11/2022

O vindeiro sábado, 12 de novembro, terá lugar en Burela a sétima Festa da Castaña. Haberá obradoiro infantil de confección de zonchos e chapas, contacontos, música tradicional e sorteo de agasallos, entre outras actividades, segundo deu a coñecer este mediodía o concelleiro de Cultura, José Díaz. 

O edil burelés dixo que “dende a Delegación de Cultura queremos recordarvos que esta fin de semana temos o sábado 12 outra nova edición da Festa da Castaña, que sempre celebramos nestes primeiros días de novembro. Será a sétima edición xa: empezamos a facela no ano 2015 e só se parou no 2020, pola pandemia. Ven cargada de actividades, penso que todas elas moi do gusto sobre todo dos máis peques porque empezará cun taller de confección de zonchos, que son unha especie de colares feitos con castañas que antigamente elaboraban os máis pequenos nas...

leer más
Etiquetas:
30/10/2022

O sábado 5 novembro organízase en A Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, de onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 3 de novembro.

 

Etiquetas:
27/10/2021

O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o día 6 de novembro, sábado.

O programa de actividades ábrese ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde ás 10:00 horas comezará a andaina, que se fará por unha ruta que ten unha distancia de 9,1 quilómetros. Ao remate, que está previsto para as 13:30 horas, recollerase ao sendeiristas en autobuses para trasladalos á Praza dos Fornos onde a partir das 14:00 horas haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo é de 5 euros por participante e a data límite para inscribirse é o 2 de novembro.

 

Etiquetas:
27/10/2021

A Praza do Concello de Mondoñedo acollerá un magosto tradicional o 6 de novembro, sábado.

As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica, ás 19:00 horas haberá pasarrúas de Samaín acompañados da AC Os Foles. E ás 20:00 horas celebrarase un magosto tradicional coa música de AC Os Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.
 
Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación cultural O Pasatempo en colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
22/10/2021

El establecimiento hostelero Los Olivos Espicha, que está junto a la playa de Navia (Asturias), organiza un magosto para el día 30 de octubre, sábado.

El evento comenzará a las 18:00 horas y habrá castañas asadas, bollos preñaos, rapón, empanda de manzana, marrón glacé y sidra dulce.

El magosto estará amenizado con música tradicional y por Deejay Decibelios.