Eventos
A axenda cultural do Concello de Ribadeo para o terceiro trimestre do ano inclúe exposicións no Forte de San Damián, concertos e actuacións da Banda Municipal de Música e da Coral Polifónica. O 9 de agosto estará en Ribadeo a Banda Sinfónica de Galicia, e a esta vila chegarán tamén en setembro Teatro del Cuervo e El Brujo. A programación inclúe propostas para os máis pequenos e pequenas da casa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “logo da nosa cita cos libros en Letras no Campo e despois da grande festa do Ribadeo Indiano, imos seguir este percorrido pola nosa programación cultural cunha proposta da que xa poden gozar desde o pasado día 17 e ata fin de mes. Referímonos á exposición que se pode visitar no Forte de San Damián: Raia na area, unha proposta plástica excepcional, delicada e exquisita de Ana Barranco. Inmediatamente...
leer másA consellería de Medio Ambiente e Vivenda, Ánxeles Vázquez foi a convidada de excepción na presentación en Lugo da Romaxe Viquinga do Vicedo unha cita de recreación histórica e cultural que terá lugar os días 26 e 27 de xullo nesta localidade da costa luguesa.
Na cita tamén estiveron presentes o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro e a deputada, Pilar García Porto en representación da Deputación de Lugo, quen coa Xunta colabora neste evento. Todos coincidiron en convidar ao conxunto da provincia a achegarse esta ponte ata a localidade para gozar con este evento tan singular que rememora o que puido ser a pegada viquinga na costa lucense.
Na presentación en Lugo, que tivo lugar na praza de acceso ao edificio administrativo da ronda da Muralla, a artista Andrea Pousa e...
leer másAs festas patronais e do mar de Celeiro celebraranse do 25 ao 28 de xullo.
O día 25 actuarán as orquestras Trébol e D´Moda. O día 26 a música correrá a cargo de Samba e Gran Parada. O día 27 as verbenas serán amenizadas por Palladium e Decibelios. E o día 28 estarán as orquestras Trovadores e Satélites.
Ademais o día 24 haberá unha festa da cervexa e a empanada. E o día 29 de xullo terá lugar o Diverneno.
Sargadelos acollerá do 24 ao 27 de xullo un Festival multidisciplinar que contará con actividades pensadas para todos os públicos.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez Pernas, e por unha representación da Asociación Cultural Amigos da Troula, que coorganiza a actividade.
Tal e como explicaron “deseñamos un completo programa co obxectivo de facer gozar a veciños e visitantes de catro días de ocio e diversión”.
O Festival ábrese o mércores 24 de Xullo co Trail Solidario 6KM de Sargadelos. O prazo de inscrición remata este domingo, ás 00:00 horas. Xa que correr é de balde, a cambio pídese unha pequena doazón de alimentos que vai destinada a unha ONG.
Ao acabar a...
leer másO Monte Castelo acollerá a súa tradicional romaría dos días 25 ao 28 deste mes de xullo. O alcalde, Alfredo Llano, anima a participar nesta cita, que se presentou nas últimas horas. O rexedor dixo que aínda quedan algunhas parcelas libres para poder gozar desta festa coa familia e cos amigos.
Llano sinalou que “no monte Castelo de Burela imos iniciar a romaría que basicamente é para os veciños e para as familias, para estar alí a gusto tres ou catro días, participando en todo aquilo que hai alí, nas acampadas e nas actividades, que hai moitísimas”.
O alcalde quixo “animar á xente que queira ir. Hai aínda algunha parcela libre. As persoas interesadas que suban e reserven o seu espazo para disfrutar durante eses días, desde o 25 ata o 28 que remata a festa. Ese 28 pola mañá, o domingo, haberá unha misa e unha...
leer másAs festas do Carme de Ribadeo celebraranse este sábado, día 20, e o domingo 21 nunha nova localización, xunto á lonxa. No programa de festexos hai verbenas, procesión e concerto do grupo Son do Sil.
O presidente da comisión organizadora dos festexos, Salvador Fernández, anuncia que “as festas do Carme vanse celebrar o sábado 20 e o domingo 21. O sábado 20 ás catro e media da tarde haberá xogos infantís e a todos os que participen darémoslles ao final chocolate con churros. Ás dez e cuarto da noite vai actuar Son do Sil, que xa estivo o ano pasado e volve este; e para rematar na verbena, a partir das doce da noite, temos ao Dúo Diamante”.
Salvador Fernández explica que “o domingo 21, á unha e media, faremos a sesión vermú coa orquestra Trovadores. Ás seis da tarde celebraremos a misa de campaña, na igrexa da...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza para este sábado día 20 unha xornada de pilotaxe de drons. A actividade, de entrada libre, desenvolverase na Alameda de Mondoñedo a partir das 10:30 horas.
Beatriz Meilán, concelleira de Igualdade, Conciliación e Xuventude do Goberno local, precisa que “nunha época na que as tecnoloxías gañan peso desde o Concello de Mondoñedo queremos achegar á xente a oportunidade de coñecer e manexar os drons, polo que os convidamos a participar na xornada do sábado”.
Para todos os públicos
A xornada interxeracional de coñecemento do patrimonio con drons está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e tamén a persoas maiores que queiran descubrir o mundo dos vehículos aéreos non tripulados.
O xornalista ribadense Fabián Pérez Rego será o pregoeiro das festas da patroa 2019, segundo ven de anunciar a comisión organizadora.
Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.
Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es mentira, de Cuatro, presentado por Risto Mejide. O seu vínculo con Mediaset non queda aí, xa que traballou durante tres anos no programa Partido a partido, emitido na plataforma Radioset e na canle Be Mad. Entre estas...
leer másA asociación de festexos A Granda organiza as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón que se celebrarán na parroquia de Lago, no concello de Xove, os días 19, 20 e 21 de xullo.
O venres 19 ás oito da tarde no campo da fest, haberá unha gran churrascada a prezos populares á que están citados todos os xovenses e visitantes. Despois celebrarase unha verbena coa orquestra Salsarena e o grupo Arizona. A organización ten previsto aparcamentos no entorno do campo da festa.
O sábado 20 será o día dedicado á Virxe do Carme. Haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén estará na verbena da noite co grupo Tapyoca.
O domingo 21 será o día dedicado a San Antón. Ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá procesión. Ao remate terá lugar unha sesión vermú prolongada co Trío Lembranza...
leer másOs magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo Nada é imposible o venres, 19 de xullo, ás 12:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros.
Dirixido ao público familiar conta historias nas que mesturan efectos máxicos e humor ao tempo que interactúan cos espectadores.
A entrada será gratuíta ata completar aforo.
Organizan o Concello de Barreiros e a Xunta a través do programa Cultura no Camiño.