A asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.
A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.
A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.