O 13 de xuño tera lugar en Xove a Romaría de San Antonio da Rigueira. Haberá recepción dos romerios e entrega da Ventura e da flor conmemorativa.

O próximo xoves, 13 de xuño, celébrase unha nova edición da Romaría do San Antonio da Rigueira para tod@s aqueles que quieran gañar a súa ventura, e cuxa recuperación comezou dende o Concello fai agora 10 anos.
 
As persoas que desexen gañar o lirio branco e a ventura, poden anotarse no Concello ata o luns 10 de xuño, incluido. Poderán completarase calquera das oito Rutas dos Muíños habilitadas ao longo de todo o concello de Xove a tal efecto. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar:
• Recepción  dos romeiros/as na carpa do Concello
• Entrega da Ventura 2019 e da flor de San Antonio (lirio blanco)
 
En canto ás misas, dende pola mañá haberá os seguintes horarios:
     Pola mañá:  10:00 h, 11:30 h. e  13:00  h. (misa con PROCESIÓN). 
     Pola tarde: 18:30 h.  e   20:30 h. (misa con PROCESIÓN).
   
Despois de nove anos de ter iniciado esta iniciativa de recuperación da Romaría de San Antonio da Rigueira dende o Concello de Xove este ano espérase unha grande afluencia de público, a pesares de caer o día do Santo en xoves, xornada laborable.