Eventos

Etiquetas:
03/01/2025

O Concello de Riotorto organiza a Cabalgata de Reis para este domingo, día 5 de xaneiro. Sairá da Casa da Cultura as 20:00 horas, fará un percorrido polas rúas do concello e chegará ó salón de actos ás 20:30 horas.

Actuarán o Coro e o Grupo de Gaitas de Riotorto e haberá un agasallo para tódolos nenos. A continuación servirase un chocolate e roscón de Reis para os asistentes, totalmente gratuíto.

Aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ó Concello (teléfono 982.34.62.22).

Etiquetas:
03/01/2025

O Concello de Viveiro anuncia que este domingo, día 5 de xaneiro, “Viveiro acollerá a súa tradicional Cabalgata de Reis, unha das citas máis esperadas do Nadal. Virá acompañada doutras actividades pensada para todos os públicos. A xornada comezará ás 12:00 horas co Roteiro de Nadal no tren turístico Vivertren, que sairá da estación de autobuses. A actividade será de entrada libre ata completar aforo. A gran cita do día, a Cabalgata de Reis Magos, arrancará ás 17:30 horas dende a Piscina Municipal, en Celeiro. O percorrido da Cabalgata incluirá o Paseo Marítimo en Celeiro, Covas, a Variante, a Avenida de Ferrol e a Travesía da Mariña. A Cabalgata chegará á zona vella de Viveiro pola Porta de Carlos V, e os nenos e nenas participantes na cabalgata baixarán á Fonte de Area. A chegada dos Reis Magos á Praza Maior está prevista para as 20:00 horas, e dende ás 18:00...

leer más
03/01/2025

O Concello mindoniense anuncia: “achéganse os Reis Magos a Mondoñedo, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Xa podedes consultar os horarios de paso das súas Maxestades polas parroquias”. Comezarán o percorrido ás 09:30 horas en Pelourín e Cesuras para continuar por Estelo e Tronceda, Figueiras, ponte de Viloalle, Couboeira, Oirán, Masma, Vilamor, O Carme, Lindín, Santa María Maior, Argomoso, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen as 14:45 horas.

O Concello de Mondoñedo engade que “á tarde visitarán a Residencia San Rafael e o Hospital de San Pablo. Ás 19 horas os Reis Magos recibirán con agasallos a todas as nenas e nenos no auditorio municipal. E, para rematar, a AC Pasatempo ofrece unha chocolatada na entrada do auditorio”.

03/01/2025

O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.

O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.

“Se aínda non...

leer más
02/01/2025

Dentro da programación de actividades de Nadal, o Concello de Cervo ofrece un circuíto de realidade virtual e inchables para as crianzas este sábado, día 4 de xaneiro.

Será na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 17:00 a 19:00 horas.

02/01/2025

A Cabalgata dos Reis Magos no Valadouro celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 19:00 horas, cando será a recepción oficial na Casa do Concello. Despois empezará o percorrido, que pasará pola praza e a ponte ata o belén da Casa da Cultura. Alí actuarán os nenos e nenas da AC Amado Lar e a continuación todos os nen@s poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas no buzón real.

Ao rematar haberá degustación de chocolate con roscóns.

02/01/2025

O municipio de Cervo terá dúas cabalgatas de Reis este domingo, día 5 de xaneiro: unha en San Ciprián desde as 18:00 horas e outra na capitalidade do concello a partir das 19:30 horas.

O Concello de Cervo anuncia que a cabalgata de San Ciprián sairá ás 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga e a recepción Real será no Auditorio da Casa da Cultura. Haberá chocolate con biscoito caseiro na Praza dos Campos, da man da asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro. Coa colaboración de Mulleres de San Ciprián e da ANPA do CEIP Península da Paz. E a de Cervo empezará ás 19:30 horas na Casa do Concello e irá ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real, belén vivente, e a actuación de Milicrocas, que é o grupo infantil de cantareiras de Airiños do Xunco, asociación cultural que organiza esta cabalgata.

Etiquetas:
02/01/2025

A Casa de Galicia, en Madrid, acollerá o 23 de xaneiro a presentación da XX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar, das XXXII Xornadas Técnicas e do XXVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras. 

O acto dará comezo ás 19:30 horas e contará coa presenza da presidenta da Fundación Expomar, Carmela López. Ao seu remate será ofrecida unha degustación de Peixe de Burela, que está patrocinada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A XX Feira Expomar celebrarase en Burela do 7 ao 10 de maio. 

 

02/01/2025

O Concello da Pontenova anuncia que a cabalgata do Reis Magos será este domingo, día 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas, cando será a saída desde a Praza dos Fornos.

As súas maxestades de Oriente farán un percorrido pola localidade que rematará no salón de actos da Casa da Cultura, a onde está previsto que cheguen ás 19:00 horas.

Etiquetas:
02/01/2025

A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será este domingo, día 5 de xaneiro, e empezará ás 16:00 horas na Casa da Cultura.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a tarde do 5 de xaneiro teremos unha visita moi especial, os Reis Magos de Oriente pasarán polo concello de Alfoz. A cabalgata pasará polas diferentes parroquias. Os reis, xunto cos seus paxes, escoitarán e recollerán as cartas dos máis pequenos e pequenas. O percorrido rematará no Castelo de Castrodouro, onde os nenos e nenas poderán tamén depositar a súa carta, conversar coas súas maxestades e desfrutar dun chocolate quente con biscoito”.