curta Dalí
A Sala das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo), está a acoller a mostra titulada “Da cor ao xesto, pinturas e tintas Costafreda”, que se pode visitar ata o 15 de agosto. E como actividade complementaria, ademais dun taller intensivo de pintura, que terá lugar o 26 de xullo e o 2 de agosto, tamén propón a proxección dunha curta, titulada “Dalí Deliriums”, que está protagonizada por José Lifante (Dalí) e Esperanza Lemos (Gala); escrita e dirixida por David Giraldo; e producida por FILMOREC. Será o mércores 24 de xullo ás 20:00 horas e o xoves 25 de xullo ás 12:00 horas na Sala das Carboeiras en Sargadelos.
A sinopse é: “Dalí, xa ancián, pinta no seu taller, frustrado por non poder crear un novo cadro á altura da súa obra e atormentado polos seus propios delirios e alucinacións. Gala acude na súa axuda.”