Ribadeo
O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de Tapeo 2024. Será o vindeiro luns, 26 de febreiro.
A concelleira de Promoción Económica e Iniciativa Empresarial, Marta Saiz, explicou que “desde o Concello xa estamos traballando no Ribadeo de Tapeo. E o que pretendemos nesta edición é mellorar e innovar estas xornadas, pero da man do sector. Por iso o vindeiro luns, 26 de febreiro, teremos unha reunión cos hostaleiros ás 10:30 horas na Casa de El Viejo Pancho”.
A edil ribadense anima a asistir a este encontro: “animamos a toda a hostalería a acudir e tamén a propoñer”.
A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que se impartirá en Ribadeo. En toda Galicia haberá seis edicións repartidas por diferentes localidades.
No caso de Ribadeo, as datas aínda non están pechadas pero publicaranse proximamente na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). En todo caso, impartirase antes do mes de xullo. Hai 27 prazas dispoñibles e o número de horas lectivas será de 240.
A inscrición é gratuíta e poderá facerse desde mañá, 23 de febreiro, ata o 4 de marzo. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp.
Poden participar as persoas maiores de idade que teñan o título de graduado en ESO e que non...
leer másO pavillón municipal de deportes de Ribadeo situado na rúa Alfredo Deaño acollerá o segundo concurso de puzles solidario o 17 de marzo, domingo, desde as 10:00 horas. O evento está organizado por socias de AEPUZZ (Asociación Española de Puzzles) e a Asociación Cultural Ronqueta co apoio do Concello de Ribadeo e colaboradores como O Ferrado Marelo, Doctor Panush e Bis a Bis.
A ribadense Patricia Pérez Leal, de AEPUZZ explica que “A Mariña Lucense estase a consolidar, pouco a pouco, como un punto de referencia das persoas afeccionadas ós puzles, con varios concursos novos que tiveron lugar ó longo do 2023 nas súas poboacións e que contaron con gran aceptación. Despois do éxito do concurso de puzzles celebrado o ano pasado en Ribadeo, convocamos de novo o 2º Concurso Solidario PuzzlEO RibadEO, en colaboración coa Asociación Guillem Veiga...
leer másA compañía Elefante Elegante representará a obra de teatro familiar titulada Cubo este domingo, 25 de febreiro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.
É unha creación destinada ao público familiar e infantil, a partir dos 4 anos preferentemente. O espectáculo ten orixe na abstracción desta figura xeométrica e parte da situación de confinamento para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.
A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8 metros cúbicos é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.
A agrupación cultural Francisco Lanza celebra o Día de Rosalía en Ribadeo cun recital este venres, 23 de febreiro, ás 19:30 horas. O acto será nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía, pero trasladarase ao Teatro se o tempo o aconsella.
“Comezamos de novo o ciclo anual de actividades. E de novo imos celebrar o Día de Rosalía. Súmate a este sinxelo, fermoso e emotivo acto. Agardámoste este venres 23, ás 19:30 horas, nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía. Ímoslle poñer voz á imaxe de Rosalía. Ímoslle dar vida aos seus poemas! Imos facer que volva a primavera”, anuncia a agrupación cultural Francisco Lanza.
Mi pequeña, de Raquel Raposo Acevedo, es la ganadora del décimo Concurso de Cartas de Amor convocado por la galería ribadense Terra Branca con motivo de la celebración del día de San Valentín.
José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, comenta que “un año más el concurso ha sido un éxito de participación, porque hemos recibido 53 cartas procedentes de diferentes puntos de Galicia y de España. Estamos muy contentos. El jurado lo ha tenido difícil”.
Raquel Raposo nació en Barakaldo en 1968, unos años después de que sus padres emigrasen desde Ribeira de Piquín: “tardaron diez largos años en volver a Galicia a visitar a la familia y a presentar a sus dos primeras hijas. Llegamos a Ribadeo a la casa del tío Emilio y la tía Felicitas… Esos fueron los recuerdos que me vinieron al enterarme de que Terra Branca...
leer másEste venres, 16 de febreiro, ás 20:00 horas, en Ribadeo, concretamente na Casa do Viejo Pancho, será presentado o libro titulado “Galicia latente”, escrito por Eduardo de Martís.
Ademais do autor, no acto intervirán Claudia del Pino, en representación da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Elvira Posada, de Muiñeiras de Requiande; e a axente turística Noemi Díaz.
O libro recolle unha escolma de fotografías coas que o autor pretende achegarnos un retrato dunha Galicia diversa e moderna, así coma as novas formas de tecido cultural que están contribuíndo a conformar comunidade.
Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre 5.100 destinos.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8...
leer más