Rugby
O Concello de Ribadeo colabora co I Torneo de Rugby 7 Inclusivo que se celebra mañá, sábado, no Campo de Outeiro na parroquia da Devesa. No evento participan 7 clubs mixtos galegos e asturianos.
O edil de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “arredor de 80 xogadores e xogadoras de rugby inclusivo mixto daranse cita mañá a partir das tres da tarde no Campo de Outeiro (A Devesa, Ribadeo) para disputar o I Torneo de Rugby 7 Inclusivo”.
O concelleiro ribadense subliñou que “o Concello de Ribadeo, no seu afán de promover iniciativas que se adapten a todos os públicos, colabora co club BeOne Ribadeo Rugby poñendo a disposición as instalacións, carpas e outros material precisos para o bo desenvolvemento do torneo. O mesmo tempo o club BeOne Ribadeo Rugby colabora na difusión do Rugby en Ribadeo participando nas escolas...
leer másO campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.
Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas...
leer másRibadeo acollerá os días 29 e 30 de xuño de 2019 o campionato de España de seleccións autonómicas de rugby feminino. Este evento foi presentado hoxe no salón de plenos do Concello ribadense cun acto no que participaron o alcalde, Fernando Suárez; os concelleiros de Deportes e de Igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez; o presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña; o seleccionador galego da autonómica feminina de rugby, Jos Portos; o adestrador do club Be One Ribadeo Rugby, Guillermo Fernández; e Ana Iglesias, xogadora do CRAT A Coruña e campioa de España.
O concelleiro de Deportes ribadense salientou que “no concello de Ribadeo non quixemos deixar pasar esta oportunidade histórica que se nos brindou para apoiar e promocionar o deporte feminino, neste caso o rugby, e aceptamos con moita ilusión ser sede dun Campionato de España...
leer más