A agrupación cultural Francisco Lanza celebra o Día de Rosalía en Ribadeo cun recital este venres, 23 de febreiro, ás 19:30 horas. O acto será nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía, pero trasladarase ao Teatro se o tempo o aconsella.
“Comezamos de novo o ciclo anual de actividades. E de novo imos celebrar o Día de Rosalía. Súmate a este sinxelo, fermoso e emotivo acto. Agardámoste este venres 23, ás 19:30 horas, nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía. Ímoslle poñer voz á imaxe de Rosalía. Ímoslle dar vida aos seus poemas! Imos facer que volva a primavera”, anuncia a agrupación cultural Francisco Lanza.