Ribadeo
Este domingo, 4 de febreiro, a guía mariñá Ana Pena (Guía tu día) organiza unha visita guiada no concello de Ribadeo.
“Comezaremos ás 10:30 horas visitando o barrio indiano e admirando a súa arquitectura. Continuaremos polo casco histórico que nos levará a coñecer a gran importancia comercial desta vila e os seus personaxes ilustres. Ademais percorreremos a senda litoral que conecta varios miradoiros e lugares de interese co afamado faro de Illa Pancha”, explica Ana Pena.
Desde Guía tu día engaden que “se trata dunha ruta moi completa de 4km (ida) e apta para todos os públicos, incluídas mascotas. A duración será de 3 horas e media aproximadamente. O custo da actividade é de 10 euros/persoa, 7 euros para os menores de 18 anos e gratuíta ata os 8 anos.
As persoas que desexen anotarse ou...
leer másNo CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.
Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.
Acisa está presente desde hoxe en Fitur 2024 xunto ao Concello, conformando a delegación ribadense nesta importante Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “participaremos en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello de Ribadeo no ámbito do turismo co que asistimos conxuntamente a esta feira, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano, poñendo en valor tamén as campañas e marcas turísticas de Acisa, que complementan as do Concello de Ribadeo”.
Pérez Prada indica que “desde Acisa traballamos diariamente para fidelizar ás persoas que veñen...
leer másO obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...
leer másRibadeo, a contrapunto. A nova marca turística será presentada mañá, día 25, na Casa de Galicia en Madrid. Será a xornalista e escritora Sonsoles Ónega a encargada de amosarlle ao mundo a través de 28 frases asociadas a recursos a excepcionalidade de Ribadeo.
O acto dará comezo ás 21:00 horas. E no mesmo intervirán tanto o alcalde, Dani Vega, como a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que incidirán en que Ribadeo ten un carácter propio, marcado pola súa historia, pola súa tradición, pola súa cultura e pola súa xeografía: “todo iso permítenos bailar ao noso ritmo, a contrapunto”.
Na Casa de Galicia está prevista a proxección dun vídeo no que os asistentes gozarán dun territorio con grande personalidade e dinamismo propios, onde o movemento e a tranquilidade están en perfecto equilibrio.
... leer másO Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias e o Concello de Ribadeo organizan talleres de poda e enxertía de froiteiras e de reprodución de vexetativa de plantas ornamentais Os de poda e enxertía terán lugar en febreiro e o de plantas ornamentais en abril.
Os talleres de poda e froiteiras serán o 19 de febreiro en dúas quendas, unha pola mañá e outra tarde: de 9 a 14 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os talleres de enxertía de froiteiras terán lugar o 27 de febreiro, tamén en dúas quendas, mañá e tarde e os mesmos horarios. E o de reprodución vexetativa de plantas ornamentais está previsto para o 2 de abril nunha soa quenda de 9 a 14 horas.
Na súa intervención o director do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias, Manuel Valín, subliñou “a colaboración que estamos tendo e que...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros tres socios de Turquía, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo terá lugar a principios do vindeiro mes de febreiro en Lisboa.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, imos poñer en marcha agora, a inicios de 2024, un proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos. Preténdese elaborar unha serie de documentación e unha hidroxenera. É unha aposta moi clara polo tema do hidróxeno nos vehículos”.
Doural explicou que “imos traballar con 4 socios: un de Turquía; outro de Italia, concretamente da zona de Maranello, onde está...
leer másTeatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.
A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense...
leer más