Xove
A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.
A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.
As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.
O Alto do Cruceiro, localidade da parroquia de Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.
As actividades empezarán o venres ás oito da tarde coa XVI Festa dos Callos, na que cada ración con pan e viño terá un prezo de 9 euros. E na verbena actuarán a orquestra Marbella e Discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóbil Conxuro.
E o domingo ás 13:00 horas haberá sesión vermú prolongada con Verónica Cambón.
Da organización encárgase a Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, que destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza para os vindeiros días 8 e 10 de outubro, martes e xoves, os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba.
Terán lugar na aula de formación do Concello de Xove, de maneira gratuíta e, do seguinte modo: “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras, os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 horas; e “Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes; a primeira é Alimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos) e desenvolverase o 8 de outubro de 16:00 a 18:30 horas; e a segunda é Alimentación a partir do 1º ano de vida e realizarase o 10 de outubro de 16:00 a 18:30 horas.
... leer másA décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, que se celebrará o sábado 5 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes, ten aberta a inscrición para participar ata o día 30 de setembro.
“Neste momento xa superamos as 150 palilleiras anotadas para este evento, as cales veñen dende as catro provincias galegas e tamén da veciña Asturias. Hai anotadas varias mozas menores de 15 anos e un mozo, un dato que nos ofrece moi boas perspectivas sobre a renovación xeracional neste bonito oficio artesanal e tamén pequenos indicios de superación do estereotipo de que a costura, os palillos e o bordado son oficios unicamente de mulleres. Polo que respecta ás vendedoras e vendedores, xa superan os 20 postos e estamos a piques de pechar a súa inscrición por falta de espazo. Para inscribirse as asociacións de...
leer másO Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
A décimo sexta edición da Foliada da Mariña celebrarase na Praza do Concello de Xove este sábado, día 14 de setembro, ás 20:00 horas. Haberá música en directo, foliada libre e sorteos. Pero xa ao mediodía, a partir das 12:00 horas, terán cantos de taberna nos bares de Xove.
Está organizada pola Asociación Cultural Saíñas, que anima a asistir para “celebrar a música, a danza e a cultura galega. Non perdas este evento cheo de tradición e diversión”.
Xove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
Dende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informan que xa está aberto o prazo ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, do Concello de Xove, que se celebrará o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello 982592001 ata o 30...
leer másA Escola Municipal de Música de Xove ten aberto o prazo de matrícula para o presente curso ata o vindeiro día 30 de setembro. Poden inscribirse a partir de maiores de catro anos ou que cumpran esa idade no 2024.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargalo da web www.xove.es e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante a sede electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando a ficha de solicitude cuberta. O número de prazas é limitado.
O día 3 de outubro farase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2024-25. As persoas interesadas poden obter máis información en xulianogueira@gmail.com
O Lugar das Marías, en Xove, acollerá o 6 de setembro a presentación do último libro de Aurora Marco
Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove).
A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”.
A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024.