Xove

Etiquetas:
28/06/2024

O Concello de Xove, a través da Concellería de Medio Ambiente, convoca o X Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. O obxectivo deste concurso é potenciar a participación cidadá na protección da paisaxe e o medio ambiente. Haberá unha única categoría, cos seguinte premios: primeiro, 120 euros; segundo, 100 euros; terceiro, 90 euros; cuarto, 75 euros; e quinto, 65 euros.

A temática do concurso é “Xove, a súa costa e o seu mar”. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas das participantes. Cada participante asinará unha declaración responsable de ser a/o autor/a das fotografías que presenta. No caso de que o/a participante sexa menor de idade a declaración responsable será asinada polo seu nai/pai ou titor/a legal...

leer más
Etiquetas:
18/06/2024

O Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.

Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.

Un produto turístico que, nesta...

leer más
11/06/2024

O coñecido humorista Roberto Vilar clausurará a súa xira Celebreixon, coa que conmemora os seus 30 anos de traxectoria profesional, en San Cristovo, lugar do municipio de Xove onde naceu e medrou o onde viven os seus pais. Será este venres, 14 de xuño, ás 22:30 horas con entrada libre e aparcamento.

Será un evento no que recreará unha festa popular, con escenario e cantina, e no que Roberto Vilar contará coa participación de José Baño, coñecido polas súas intervencións no programa televisivo Land Rober, e do artista Tonhito de Poi.

Etiquetas:
07/06/2024

O Concello de Xove comunica as gañadoras e gañador do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. A entrega de obsequios a tod@s os participantes e de trofeos aos gañadores realizarase o mércores 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.

Na categoría infantil a foto con máis me gusta foi a titulada “Mateo coidando a súa horta”, de Mateo Costa Rodríguez. Na categoría xuvenil a foto con máis me gusta foi “Cascada do muíño Regosanguento”, de Carla Casabella Puñal. E na categoría adultos a foto con máis me gusta foi “Toxos, mar y nubes, pero al final sale el sol siempre”, de Begoña Amor Ruiz.

 

Etiquetas:
04/06/2024

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira o 13 de xuño, xoves. Este ano é unha edición especial xa que, despois da declaración por parte do Consello de Turismo de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023, foi elixido polo Concello de Xove como festivo local para este 2024.

Os organizadores anuncian que “ata o 11 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove para obteren a Ventura e a flor do San Antonio ó concluír o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono 982.59.20.01 ou escribir un correo electrónico a lucia@xove.es. Como cada ano, os/as romeiros/as irán identificados/as cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes...

leer más
04/06/2024

O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).

Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.

31/05/2024

O parque deportivo e de ocio de Xove será inaugurado o día 9 de xuño, domingo. O acto empezará ás 10:30 horas e incluirá unha competición de pump track, da Copa Galicia deste deporte que organiza a Federación Galega de Ciclismo.

Ademais de circuíto para practicar pump track, o parque deportivo e ocio de Xove conta con pistas de skate, zona de calistenia, parking de autocaravanas e zona de recreo.

 

Etiquetas:
17/05/2024

O Concello de Xove convoca a terceira edición do concurso fotográfico para conmemorar o Día do Mundial do Medio Ambiente co título “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. O prazo de recepción dos traballos rematará o venres 24 de maio de 2024 ás 00.00 horas.

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Xove co obxecto de, mediante a imaxe e a súa reflexión, incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente, anuncia as bases para a participación no III Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente.

Explican que “coa posta en marcha deste concurso preténdese potenciar coñecemento do medio natural do noso concello. Para a consecución deste obxectivo buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena,…) do concello de Xove. Pode...

leer más
Etiquetas:
15/05/2024

A vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.

11/05/2024

Xove acolle un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será o mércores 15 de maio ás 11:00 horas no salón de actos do Concello.

Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas os retos e oportunidades da Galicia do presente. Ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Xove.

Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Deconstruíndo consciencias”, que é o que se vai celebrar en Xove. Comeza cunha reflexión sobre a transcendencia da cultura, continuado cunha proxección do documental "Galicia Latente" e...

leer más