Xove
Xove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
Dende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informan que xa está aberto o prazo ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, do Concello de Xove, que se celebrará o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello 982592001 ata o 30...
leer másA Escola Municipal de Música de Xove ten aberto o prazo de matrícula para o presente curso ata o vindeiro día 30 de setembro. Poden inscribirse a partir de maiores de catro anos ou que cumpran esa idade no 2024.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargalo da web www.xove.es e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante a sede electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando a ficha de solicitude cuberta. O número de prazas é limitado.
O día 3 de outubro farase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2024-25. As persoas interesadas poden obter máis información en xulianogueira@gmail.com
O Lugar das Marías, en Xove, acollerá o 6 de setembro a presentación do último libro de Aurora Marco
Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove).
A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”.
A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024.
O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.
Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.
Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.
O Concello de Xove e a asociación de festexos Montevelle presentaron o programa oficial das Festas do San Bartolo e da Virxe do Carme, que terán lugar entre o xoves 29 de agosto e o luns 2 de setembro. Estes festexos contarán cunha ampla variedade de actividades para todas as idades.
O xoves, 29 de agosto, ás 20:30 horas darase inicio ás festas cun pregón no Salón de Actos a cargo de Lolita Barro, mestra en Xove durante moitos anos.
O venres, 30 de agosto, a partir das 20:00 horas celebrarase unha Sardiñada Popular animada pola Charanga NBA. Os tíckets estarán dispoñibles a 3 €. Pola noite, gran verbena coa actuación da orquestra Solara e o grupo América.
O sábado, 31 de agosto, pola mañá, pasarrúas coa Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. Ás 13:00 horas...
leer másO vindeiro sábado, 24 de agosto, celebrarase en San Isidoro do Monte, en Xove, a tradicional Feira do San Bartolo.
A xornada contará cunha ampla programación que inclúe recepción do gando no campo da feira ás 10:00 horas, misa solemne ás 13:00 horas, sesión vermú con animación musical ás 13:30 horas e verbena con animación musical ás 17:30 horas.
Un dos puntos fortes da feira será o Concurso Gandeiro, onde se premiará ao maior número de reses cabalares e vacunas presentes no evento, chegando a poder gañar 110 euros. Os participantes que queiran concursar deberán levar a documentación pertinente: carta de saneamento para o gando vacún, e microchip e libro para o gando cabalar. Ademais, lémbrase que cada concursante será responsable dos animais que presente na feira.
Durante a tarde,...
leer másO día 28 de agosto, mércores, a foodtruck da campaña “Galicia sabe amar”, da Xunta de Galicia, estará na praza do Centro Cívico de Xove, con degustación gratuíta de elaboracións con peixe e outros produtos mariños.
Estará de 10:30 a 14:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
A décimo primeira edición do Torneo de Padel San Bartolo disputarase en Xove desde o día 21 ata o 30 de agosto.
Haberá competicións en categorías sub 12 e sub 16 os días 21, 23, 28 e 30 de agosto, mentres que nas categorías masculina, feminina e mixta os partidos serán do 24 ao 30 de agosto. Repartiranse premios en material deportivo por valor de 1.500 euros.
As persoas interesadas en inscribirse para participar e máis información deben dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, que ten o teléfono 982.57.18.16.
No acto de presentación deste evento deportivo participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
Portocelo, en Xove, celebra as súas festas na honra da Nosa Señora. A fin de semana do 6 ao 8 de setembro, pequenos e grandes poderán desfrutar dunha programación cargada de actividades e música.
O venres, 6 de setembro, a festa do langostino e do churrasco ás 20:00 abrirá os festexos. Máis tarde ás 23:00 horas haberá festa rachada co Dúo Epo-K e a orquestra Galilea para non parar de bailar.
O sábado, 7 de setembro, comezará ás 10:00 coas bombas de palenque seguidas dunha misa solemne ás 13:00 horas. Despois ás 14:00 horas sesión vermú co Grupo Kalima 3.0. Xa pola tarde, campionato de bolos ás 18:00 horas. Por último, ás 22:30 horas gran verbena co Grupo Kalima 3.0, Disco móvil Conxuro e a orquestra El Combo Dominicano.
O domingo, 8 de setembro, de novo haberá bombas de palenque ás 10:00...
leer más