A VII Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celébrase este domingo, 20 de outubro, en Xove

A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.

A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.

A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.

As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.