O Concello de Xove ofrece obradoiros para maiores no programa de outono inverno

O Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.

O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.